Sempre é agradável quedar com umha pessoa que queres tanto e vai meses que nom vias. Hoje convidei coa gaiteira (Umha das poucas pessoas quem de estar sexy em traje de cotio... nom te alporices...) a contar-nos as desgraças e as alegrias desta tempada. Também topei co Gato (Que me digo que coa barba pareco-me a um pessoeiro... o que se lhe admite aos amigos..) e fijo-me babejar com um video da nova XGL..

Noutra orde de cousas, tenho umha pergunta de ciência dando voltas à minha cabecinha inqueda. Levo umha semana tentando resolver umha questom plantexada polo meu pai o sabado: Qual é a razom de que a tónica forme mais escuma quando há gelo no recipiente no que a verteres? Devo-lhe umha tónica, um café ou outra consumiçom, a quem tope umha soluçom.
Nota 1: Já o comprovei, é verdade.
Nota 2: Nom, nom é que a menor temperatura menor soluvilidade... o CO2 dilue-se pior a maior temperatura....

P.S.: E já vam dous meses maravilhosos...

Chuzame! chúzame -

6 Responses to “Borbulhinhas…”

  1. pobriña nordic mist, que a tes discriminada… ;)

  2. Ti viches o último anuncio de Nordic? Pois isso, nom lhe fagas muita publicidade ;)

  3. Teño unha pregunta que tamén me fixo o meu pai. Aí vai: hai un obxeto flotante non identificado, chamémoslle OFNI, nunha taza de leite ou sucedáneo. Cando xiras o vaso a leite móvese, pero o OFNI segue no mesmo lugar. Querido físico, a que se debe ese capricho do movemento?¿?¿?¿?¿?¿

    PD. como dixen a xornalistiña, noraboa polos dous meses!

  4. nunca me fixara no da tónica, pero apróxima vez que pida unha, fíxome!

    eu teño unha pregunta semellante á de madeleine: supoñamos un oni nun vaso de leite. por que cando achegas algún utensilio -véxase culler- o ofni se arreda/escapa coma se fose do polo oposto???
    Fale xa, voz da sabedoría científica!!!

  5. Iso iso, FALE

  6. Já vou, já vou. Senhoritas, que pouca paciência tenhem…

Leave a Reply

You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>