Musa do blogomilho
22 novembro 2006Ghanito no seu blog propom a griálica procura dumha musa para o Blogomilho que o salve da sua anunciada morte. Eu achego estes botons para os nossos precadavéricos blogs:
Eu som de Belen Regueira.
Eu som de Yolanda Castaño.
Eu som de Ana Kiro.
Eu som de Maria Yañez.
Eu som de Kate.
Eu som de Cereixa.
Eu som de A Picara de Allegue.
Eu som de Oko.
Eu som de Besbe.
Eu som de asca.
Eu som de Ana Maria Rios NOVA!
Pero tenho que admitir que nisto nom podo escolher a minha musa bem sabedes quem é:
Eu som de Xorna.!
Bem-vidas todas as candidatas! E quanto tenhamos Muso também farei!
Feitas com Brilliant Button Maker
chúzame -
novembro 22nd, 2006 at 9:03 pm
O malo é que, se escolles unha, as outras incomódanse.
novembro 22nd, 2006 at 9:13 pm
Botóns das musas do blogomillo…
Fer, no seu blogue, O demo me leve, pon o seu gran de area para evitar que o blogomillo morra. Con esa solidaria intención, ofrécenos a posibilidade de escoller cal é a musa dos blogues galegos colocando na nosa páxina un botón. Hai catro: Belén …
novembro 22nd, 2006 at 9:40 pm
[...] Non sexades preguiceiros e ide á súa casa. [...]
novembro 24th, 2006 at 12:34 am
e é preciso escoller?? pódense pór varias?? eu son multimusal
novembro 24th, 2006 at 7:41 am
Eu son de Fer e de Ghanito, ambos me poñen moito.
.
.
.
.
¡¡Viva o chusqueirismo sexista do século XXII!!
novembro 24th, 2006 at 11:20 am
Eis! Já indiquei que em quanto tenhamos candidatos a musos eu fago botoncinhos!
novembro 24th, 2006 at 7:53 pm
Que bo!
O complicado é ter que escoller!
Tamén podería haber unha votación, á parte dos botóns.
novembro 25th, 2006 at 2:11 pm
Ana Kiro forever, sen dubidalo. Fai pouco merquei en eBay un vinilo seu, e xa vou completando a colección co de Xil Ríos que mercara fai tempo, en eBay tamén xD
novembro 25th, 2006 at 2:19 pm
síntoo polas demais, pero eu quedo con asca….