Resposta do Valedor…
10 setembro 2007Estimado/a Sr./a.:
Acusámoslle recibo do seu escrito que tivo entrada nesta Institución con data 7 de agosto, que deu lugar ao expediente P.3.Q/1455/07, ao que lle rogamos faga sempre referencia en posteriores escritos que nos dirixa sobre este asunto.
En relación co exposto no aludido escrito é de sinalar que, de acordo coa súa función institucional, definida no artigo 14 do Estatuto de Autonomía de Galicia e na Lei 6/1984, de 5 de xuño, do Valedor do Pobo, por esta institución se procederá en todo caso a promove-la efectividade dos principios constitucionais e estatutarios referentes ás linguas oficiais de Galicia, e así mesmo, ao previsto na Lei 3/1983, de 15 de xuño, de Normalización Lingüística.
Con esta información procedemos ao arquivo do expediente aberto como consecuencia da súa solicitude.
Agradecéndolle a súa confianza, saúdao/a atentamente
O Valedor do Pobo
Olho, pergunta... Que caralho tem que ver essa resposta coa minha reclamaçom?
chúzame -
setembro 10th, 2007 at 12:41 pm
Non te queixes, púidoche ter mandado á merda directamente. :-S
setembro 10th, 2007 at 3:57 pm
Basicamente é como a resposta que me deram do Bispado a primeira vez que tentei apostatar :-p
setembro 10th, 2007 at 4:57 pm
Desde logo non parece que o vaian tomar con urxencia. Parece un xustificante para saber onde podes topar o teu texto pero non unha resposta. Haberá despois unha resposta?
setembro 11th, 2007 at 1:32 pm
A min nin me contestaban, ata que recibiron o burofax fatídico
setembro 12th, 2007 at 1:26 am
“Con esta información procedemos ao arquivo do expediente aberto como consecuencia da súa solicitude.”
Da-te por respostado. É uma vergonha.