« PreviousNext »

Dous anos de delícia

31 January 2008

Passarom já dous anos desde que te conhecim. Um pouco menos desde que me fixo o homem mais feliz do mundo.

Já sei que nom gostas de eu exprimir os meus sentimos em público, mas considero que hoje é um dia especial. Quero deixar escrito, umha vez mais, que contigo mudou por completo a minha vida. Que nom importam as disputas e os pequenos problemas que tenhem todas as parelhas, que o importante é que nunca podo deixar passar um dia sem me apertar contigo e confissar que te amo. Que ti me das todas as forças para continuar, que cada manhã na que esperto e olho para ti justifica um dia mais. Que sinto muito nom ser o moço perfeito, nom ser como os homens das revistas dos que gostas tanto ou como esse raparigo guapo da tele, mas que eu fago todo o esforço dentro das minhas limitaçons. E quero que tenhas bem claro que nom podo escrever todo o anterior sem chorar um pouquinho de delícia.

Quero-te.

[Perdom os outros leitores do blog, especialmente os diabéticos]

Chuzame! chuzame -

7 Responses to “Dous anos de delícia”

  1. Uz Says:

    Que gooooniiiiiiiiitooooooooo!!! Muitas felicidades blogoparelha!!

  2. me Says:

    OOOOHHHH ¡¡¡que se biquen!!! ¡¡Que se biquen!!!

  3. caufield Says:

    noraboa monos!

    (e que saibades que me estou debatendo entre o meu mitico puaaaag e a miña sensibleria)

    (esa que me fai chorar con Sucedio en Manhattan)

    bohh ¿por que me engaño? no fondo encántanme estas cousas aínda que queira disimular!

    bicos pos 2!!!

  4. cangas afectada Says:

    Son unha afectada xornalista á que vostede declarou, supostamente (enténdase supostamente como ‘pode que si pode que non’) o seu amor. Xa que en certa páxina web que non imos nomear non indicou vossé (XD) o nome da afortunada, hei dicir que gardei un chisco de esperanza a que a muller en cuestión fora de cangas e non de Pontevedra. A ditadura dos medios da máis relevancia aos habitantes das grandes cidades (véxase proximidade alba-pontevedra), pero de Cangas chejas a Vigo en 15 minutos e en barco! Visto así, todo son vantaxes, e sobre todo co plus de que compartimos (ela e máis eu) máis que mesa de traballo. Valga isto para amosar publicamente (xa que carezo de gabinete de prensa que me elabore comunicados) a miña indignación.

    Por outra parte, nunca faría o do sofá, así que podes quedar con ela. Parabéns!! ;)

  5. Dietrichv Says:

    INSULINAAAAAAAAAAAAAA!!!!!

  6. paideleo Says:

    Estás perdoado.

  7. oko Says:

    non podo deixar de dicilo: que ñoñadaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa

    eu tamén vos quero!!!

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image