O irresistível encanto das cousas de balde
25 xullo 2008Passei bastante tempo na véspera e no dia da pátria na carpa de Software livre do Festigal, e também na de Gznacion com Xorna. E nas duas puidem comprovar que o poder de atracçom dos regalos promocionais (ou de qualquer cousa de balde) nom tem límites. Literalmente a gente perde o cú até por umha camisola. Já sei que nom é umha reflexom nova, mas hoje fiquei abraiado.
Hoje pola tarde, após a chuzarrascada nacional, tivem a primeira experiência de medo ante a massa irracional. Alguem abriu as caixas das camisolas de Mancomun e um Tsunami de festigaleiros de todas as idades e condiçons saltarom sobre elas, berrando as palavras de ordem programadas para estes eventos: "Dade-me umha pequena para a minha nena" ou "Som de balde? Podo colher duas para... a minha irmá. Durante quase umha hora um fluxo constante de gente remexia nas caixas na procura da camisola do seu número. Umha lobeira que até atrapaou a umha senhora que cau por umha lipotimia! E eu a chamar umha ambuláncia, levantar-lhe os pés.... E depois o mesmo cos cds das distros de Trisquel. 500 cópias voarom a meia tarde.
À tardinha fum até o stand de Gznacion para estar um pouco com Xorna, e claro... la regalavam sacas promocionais do jornal, e também a ediçom especial em papel. E claro, a gente assaltava sem parar (até a mim, que estava lá de adorno) perguntado se podiam colher duas ou três sacas! E aé cachei umha senhora colhendo 5! Que eram umhas putas saaaacaaas!
chúzame -
xullo 25th, 2008 at 10:35 pm
com essa gente-lura não se faz pais!
xullo 26th, 2008 at 12:03 am
O encanto das cousas de balde…
Cicais moita xente da Chuzarrascada non o viu, mais no Festigal hoxe vivíronse momentos de pánico, especialmente no stand de Mancomún, cando se puxeron mil camisolas gratis para a xente, que arramplou con elas sen saber moi ben de que eran sequera. …
xullo 26th, 2008 at 12:34 am
Eu podo dicir, non sei se con orgullo, que non levei absolutamente nada promocional.
xullo 26th, 2008 at 2:11 pm
eu no GZnación rexeitei coller a saca, porén unha rapaza moi ben feitiña convenceume de que a levara
xullo 26th, 2008 at 4:52 pm
Eu collín dúas bolsas, pero teño xustificación…
Precisábaas para poder cargar con todas as cousas de balde que collera nos demáis stands!
xullo 27th, 2008 at 11:47 pm
Se o da lipotimia da señora é certo… que o demo me leve.
xullo 28th, 2008 at 8:39 pm
Eis unha proba de que as cousas de balde teñen o seu engado. “A vaquiña polo que vale”, pero se podemos levar a vaquiña sen pagar nada por ela…¡moito mellor!