Comentarios en: O vídeo promocional do BNG… iluso sou http://odemo.blogaliza.org/2009/01/19/o-video-promocional-do-bng-iluso-sou/ "Si eu fixen tal mundo, que o demo me leve" Fri, 24 Jan 2014 21:50:42 +0000 hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.7.1 Por: Pol http://odemo.blogaliza.org/2009/01/19/o-video-promocional-do-bng-iluso-sou/comment-page-1/#comment-52973 Sun, 25 Jan 2009 19:48:49 +0000 http://odemo.blogaliza.org/?p=1269#comment-52973 Probábelmente Anxo Quintana non exista. Deixe de preocuparse e disfrute da vida.

]]>
Por: L.Q.B. http://odemo.blogaliza.org/2009/01/19/o-video-promocional-do-bng-iluso-sou/comment-page-1/#comment-52962 Sat, 24 Jan 2009 21:29:54 +0000 http://odemo.blogaliza.org/?p=1269#comment-52962 Pois, ainda que nom fum demasiado explícita no anterior comentário, basicamente penso que o Andrés tem razom. 🙂 Umha paródia engraçada sem maiores pretensons e além disso, mais humor e menos mala hostia, que, de resto, provoca úlceras ou cousas dessas malíssimas! 😛

]]>
Por: Andrés http://odemo.blogaliza.org/2009/01/19/o-video-promocional-do-bng-iluso-sou/comment-page-1/#comment-52935 Thu, 22 Jan 2009 00:38:28 +0000 http://odemo.blogaliza.org/?p=1269#comment-52935 Non acho ningún ton mesiánico no vídeo. Antes ao contrario, ten un carácter lúdico, amábel e mesmo paródico. Por ningures se apreza ningunha pretensión de realismo, gravidade ou solemnidade, como se deduce das palabras coloquiais coas que recúa o romano. A caracterización dos diversos sectores sociais está estética e visualmente simplificada a posta, habida conta que non se pretende realismo ningún, senón ofrecer unha ficción, un relato que apela aos sentimentos de “sermos galegos”.

A presenza de Pico como romano é unha chiscadela total e unha mostra do carácter lúdico do anuncio. Non só cos termos nada severos nin graves, e si cómicos, cos que recúa como romano, senón coa súa propia presenza como actor. Para a maioría dos galegos, Pico asóciase a humor e comedia de costumes (consonte ás súas intervencións nas series da TVG), non a drama histórico.

O spot pode gustar ou non, pode parecer acertado ou unha frivolidade, pode parecer unha carallada ou unha intelixente e orixinal forma de chamar a atención, etcétera. Pero o que non é de recibo é consideralo mesiánico nin ver nel intencións que non están (polo demais, sería ridículo que estivesen). Francamente, coido que os seus prexuízos e a súa falta de sentido do humor non lle deixaron apreciar o sentido orixinario do spot.

O BNG ten un programa de case trescentas páxinas (se non lembro mal). Pode atoparse na rede. Alí hai, coido, referencias a moitos asuntos serios. Polo demais, é de supoñer que o Espartaco de marras non vai ser o único spot nin tampouco o eixo da campaña. Estea atento ás pantallas e ás declaracións do candidato. O spot era simplemente para abrir boca e chamar a atención. E abofé que conseguiu sobradamente os seus obxectivos.

Esbozar un sorriso de cando en vez no canto de estarmos avinagrados pernamentemente, tamén é un xeito de construír país ou, cando menos, de facelo máis habitábel. Que non é pouco.

]]>
Por: L.Q.B. http://odemo.blogaliza.org/2009/01/19/o-video-promocional-do-bng-iluso-sou/comment-page-1/#comment-52920 Tue, 20 Jan 2009 21:28:54 +0000 http://odemo.blogaliza.org/?p=1269#comment-52920 XDDD
Ai que me escaralho!
Nom sei, a mim parece-me que o vídeo é de “coña”, o que me mata é que haja quem o leve a sério… isso si que é triste, porque me resisto a crer que um vídeo desse estilo esteja feito com pretensons de seriedade, por dios… ou estamos todos tolos?

Agora, o de “sonanso” é total total!! XDDDD

]]>
Por: Galeguzo http://odemo.blogaliza.org/2009/01/19/o-video-promocional-do-bng-iluso-sou/comment-page-1/#comment-52903 Mon, 19 Jan 2009 11:05:54 +0000 http://odemo.blogaliza.org/?p=1269#comment-52903

Addendum: Como puidem comprovar esta sexta e sábado pola noite o anúncio sim sirve para algo… fazer piada dele em diferentes estadios de ebriedade.

XD XD XD

A mim parecia-se-me com algum episódio de Air Galicia 😉

]]>