O demo me leve
Mirando ao chau
Dios non atopando
cousa en que entrterse
farto de estar solo
cavilando sempre
en forxar cadeas
traballos e pesters;
a razón buscando
i a causa en que pende
que tan poucas almas
polas portas lle entren,
do seu paradiso
deixando os verxeles
saleu de apaseo
certa mañá quente
do reuma e da gota
por esparexerse.
Como é xa velliño
i o coitado vese
tocante á saúde
moi pouco valente,
cansouse ós dous pasos;
mais com'alí a rentes
topase un asento,
sentouse i alegre
por riba das nuves
asomando a frente
i a terra buscando
cos ollos celestes,
-Caráspeta! dixo
falando entre dentes:
Si dou co ese mundo
que o demo me leve.
Debeu de atopalo,
se o conto nom mente,
porque el de alí a pouco
quedou com'a neve,
cos ollos cravados
que espantan e feren
nun vulto que iñoro
s'é de home eu de verme.
Mirouno dispacio
e viu quera un ventre
coas sedas vestido
máis ricas de Oriente.
Nun solio sentado
que envidian os reises
i en capa revolto
de tépedas peles,
ceibando saudabres
arrotos de enchente,
da terar, súa escrava,
recolle os presentes;
e si hai algún louco
que, pobre ou rebelde,
diñeiro non teña
i a darllo se negue,
o ventre que , mudo,
falar sabe ás veces,
con sólo que diga:
!Pauliña no herexe!"
O hereze é borrado
da lista da xente.
Mirando este monstro,
Dios dixo entre denes:
-Bah, bah!... Si "tu es Petrus,"
que o demo me leve.
Volvend'autro lado
sua testa solene,
mirou levantarse
arrodeado de plebe
que espera ó verdugo,
del ríndose mentres
o pau, -a cucaña
da festa dos xueces
a vítima chega:
quizais é un imbécil,
quizais naceu tolo,
quizais é inocente!....
Millo que matalo.
(que a morte é un berce
dond' home, gran neno
d4escansa sempre)
millo que matalo
tal ves conviñese
metelo no fondo
de catro paredes,
ou preso ónha argola
que á terra o suxete
mandalo abrir montes
e furar túneles,
dicíndolle: -"sofre
traballa e mantente,
i a libertá chora
que non quixeches."
Mais, non, é preciso
que morra o que peque,
i o criminal morre...
i o crime repétese.
Parvo a tal escándalo,
Dios dixo entre dentes;
-Si che esto é xustiza
que o demo me leve.
Suspenso i atóneto,
non lexos moverse
mirou de labregos
un fato misérrime,
de malas patacas
mantidos, con leite,
maáis ben que non homes
pantasmas parecen,
decote fozando
na codia terrestre,
toupeiras humanas
que fura as seves,
o sangue das venas
perdendo a torrentes
traballan sin folgos
un cau que n'é deles
traballan... i o fruto
que tras doce meses
de loita recollen
dos eidos que atenden,
metá pró dominio,
metá prós lebreles
do fisco e da curia,
todiño-lo perden,
quedándose ´cabo
de tantos riveses
sin pan prós seus fillos,
nin grau prá semente.
I en tanto na aldea
todo esto acontece,
"Leis hai, din os ricos,
que ós pobres protexen..."
-QUe leis, nin que raios!
Dios dixo entre dentes!-
Si valen tres pitos
que o demo me leve.
Non para inda nesto
que a través mirando
das súas fagas verdes,
viu deitarse méndegos
que se arguen marqueses;
tal clas de escrituras
firmar indixentes,
que ó cabo dun ano
no teñen albergue;
soldados covardes
chegar a ser xefes
e morrer sin groria
os máis grandes heroes;
pasar por honrados
os que honra non teñen,
por santos os pillos,
por xistos os debles;
subir ós altares
os que a forca deben
i arrastrar carroza
quen debe un grillete;
chegar a podrosos
venteiros de aceite,
e comprar o ceu
prestando intereses.
Vendo esto, Dios dixo
contra o seu chaleque:
-Si che outra vin nunca
que o demo me leve.
Con noxo deixando
tantas cativeces,
inda noutras cousas
parou Dio-las mentes.
Viu malos governos
que falsos i aleves
co xugo dos pobos
engordan e crecen:
cregos que, feroces
como cans doentes,
cun fusl ó lombo
predican ós fieles;
ricos que, roubando,
as favetas enchen;
médos das quintas,
que dan por encrenques
(mediante catro onzas
cando non sete))
mociños, que ó cabo
tocam o pedengue
a suas pais perdendo
co aforro que perden;
homes esfameados
emporras mulleres,
espigados nenos
que non saben lere,
i en fin, cantas cousas
que non deben verse,
que Dios, arripiado
i as cruces facéndose,
conecida a causa
de que o inferno medre,
meteuse na groria
decindo entre dentes:
-Si eu fizen tal mundo
que o demo me leve.
chuzame -