O vídeo promocional do BNG… iluso sou

A última vez que mirei, as eleiçons galegas nom eram para eleger um messias.

Iluso sou.
Tenho pouco que dizer sobre o anúncio viral-wannabe do Bloco. Como bem dixo Pawley nas eleiçons galegas elegemos deputados, ou até um presidente -de forma secundária, nom messias. Se O’Presidente tem um ego patológico misturado com complexo, o Vice-presidente tem um ego desatada e sem complexos, grande avondo para fagocitar o seu partido e todo o país. Se algumha formaçom leva caminho da poudo agradável identificaço total de partido com candidato, é o bloco.

Porem, as palavras estám de mais, olhem outra vez o vídeo. E lembrem, nom é um anúncio para filiaçom numha equipa de futebol, é dum partido político.

Addendum: Como puidem comprovar esta sexta e sábado pola noite o anúncio sim sirve para algo… fazer piada dele em diferentes estadios de ebriedade.

Postcriptum: Nom, e eu nom sou Anxo Quintana. E menos “sonanso” .

  • By Galeguzo, Xaneiro 19, 2009 @ 1:05 p.m.

    Addendum: Como puidem comprovar esta sexta e sábado pola noite o anúncio sim sirve para algo… fazer piada dele em diferentes estadios de ebriedade.

    XD XD XD

    A mim parecia-se-me com algum episódio de Air Galicia 😉

  • By L.Q.B., Xaneiro 20, 2009 @ 11:28 p.m.

    XDDD
    Ai que me escaralho!
    Nom sei, a mim parece-me que o vídeo é de “coña”, o que me mata é que haja quem o leve a sério… isso si que é triste, porque me resisto a crer que um vídeo desse estilo esteja feito com pretensons de seriedade, por dios… ou estamos todos tolos?

    Agora, o de “sonanso” é total total!! XDDDD

  • By Andrés, Xaneiro 22, 2009 @ 2:38 a.m.

    Non acho ningún ton mesiánico no vídeo. Antes ao contrario, ten un carácter lúdico, amábel e mesmo paródico. Por ningures se apreza ningunha pretensión de realismo, gravidade ou solemnidade, como se deduce das palabras coloquiais coas que recúa o romano. A caracterización dos diversos sectores sociais está estética e visualmente simplificada a posta, habida conta que non se pretende realismo ningún, senón ofrecer unha ficción, un relato que apela aos sentimentos de “sermos galegos”.

    A presenza de Pico como romano é unha chiscadela total e unha mostra do carácter lúdico do anuncio. Non só cos termos nada severos nin graves, e si cómicos, cos que recúa como romano, senón coa súa propia presenza como actor. Para a maioría dos galegos, Pico asóciase a humor e comedia de costumes (consonte ás súas intervencións nas series da TVG), non a drama histórico.

    O spot pode gustar ou non, pode parecer acertado ou unha frivolidade, pode parecer unha carallada ou unha intelixente e orixinal forma de chamar a atención, etcétera. Pero o que non é de recibo é consideralo mesiánico nin ver nel intencións que non están (polo demais, sería ridículo que estivesen). Francamente, coido que os seus prexuízos e a súa falta de sentido do humor non lle deixaron apreciar o sentido orixinario do spot.

    O BNG ten un programa de case trescentas páxinas (se non lembro mal). Pode atoparse na rede. Alí hai, coido, referencias a moitos asuntos serios. Polo demais, é de supoñer que o Espartaco de marras non vai ser o único spot nin tampouco o eixo da campaña. Estea atento ás pantallas e ás declaracións do candidato. O spot era simplemente para abrir boca e chamar a atención. E abofé que conseguiu sobradamente os seus obxectivos.

    Esbozar un sorriso de cando en vez no canto de estarmos avinagrados pernamentemente, tamén é un xeito de construír país ou, cando menos, de facelo máis habitábel. Que non é pouco.

  • By L.Q.B., Xaneiro 24, 2009 @ 11:29 p.m.

    Pois, ainda que nom fum demasiado explícita no anterior comentário, basicamente penso que o Andrés tem razom. 🙂 Umha paródia engraçada sem maiores pretensons e além disso, mais humor e menos mala hostia, que, de resto, provoca úlceras ou cousas dessas malíssimas! 😛

  • By Pol, Xaneiro 25, 2009 @ 9:48 p.m.

    Probábelmente Anxo Quintana non exista. Deixe de preocuparse e disfrute da vida.

Other Links to this Post