«Como veo que no sabes hablar español, no me interesa. Gracias» Discriminaçom Galegófoba em Base (Compostela)

Podedes ler no PGL o último caso de discriminaçom por mor da língua. Poderia-se argumentar muito contra a actitude da responsável de quadro de pessoal da franquia de Base em Compostela. De base que os únicos bilingues reais neste país som os galegofalantes, os únicos que por força tenhem que aprender e empregar um idioma alheio na sua própria terra. Mas o tempo do diálogo passou, cumpre agir. Ainda que seja algo tam singelo como um correio, umha actitude de protesto, um boicote pessoa, umha difussom desta informaçom. Uno-me a Sechu com este correio enviado a: centro@base.net e
marketing@base.net . Claro está, riscando Base dos lugares onde poderia comprar.

Bo dia:

Escrevo como cidadam indignado ao ter notícia dumha discriminaçom em funçom de língua num dos seus estabelecimentos.

Informam os media que a encarregada de contrataçom na franquia sita no centro comercial Área Central de Santiago de Compostela, considerou nom válida para o trabalho ofertado a umha solicitante por esta ter empregado o galego em todo momento. Agravando-se a situaçom pola carência de modais da sua empregada que afirmou: «Como veo que no sabes hablar español, no me interesa. Gracias».

Como falante da única língua própria do país nom podo fazer outra cousa que empatizar com a pessoa que sofreu esta discriminaçom e agir em consequência. Dado que o emprego do galego para a comunicaçom parece ser um problema para a contrataçom na sua empresa suponho que também o será na relaçom com os seus clientes. Como consumidor absterei-me entom de comprar-lhes nada, e procurarei informar a todo o meu círculo de conhecidos da sua atitude, assim como difundir este caso por todos os médios.

Sem aguardar nenhumha rectificaçom pola sua parte, despido-me.

Fernando Trigo Chouzinho

Unide-vos!

  • By Modesto, Xullo 15, 2009 @ 5:00 p.m.

    Por máis que busco, non vexo ningunha referencia e este caso nos foros de Galicia Bilingüe, esa asociación na defensa dos dereitos das dúas linguas oficiais.

  • By MªJesús, Xullo 21, 2009 @ 4:14 p.m.

    Hola soy MªJesús Alonso Community Manager de base.detallsport s.a. y me gustaría aclarar que uno de nuestros valores fundamentales y que siempre respetamos es, no discriminar a nadie por ningún motivo ya sea etnia, sexo, lengua etc.
    Queremos pedir tu ayuda y la de los lectores de tu blog, para localizar a la persona afectada por esta desagradable situación, y poder hablar con ella personalmente.
    Este es mi email personal de contacto, movimientobase@base.net
    Saludos
    MªJesús

  • By Eleazar, Xullo 23, 2009 @ 4:43 p.m.

    Ola.
    Parece ser que dende Base están buscando á persoa que acudiu á entrevista de traballo do Centro Deportivo Base de Área Central o venres 10 de xullo. Foi a min a quen aconteceron os feitos. Non vou entrar en discusións, simplemente denunciei un feito discriminatorio. O que pasou foi o seguinte:
    Entrei no Centro Deportivo Base de Área Central atendendo a un anuncio da porta que poñía:
    “Se necesita dependienta. Razón aquí.”
    Na tenda había unha rapaza atendendo a unha señora. Detrás do mostrador había un home que me pareceu ser o xefe. Dirixinme a el e díxenlle:
    “Veño polo anuncio de dependenta.”
    Ó que el me respondeu:
    “¿Me permite su currículum?”
    Eu respondinlle:
    “Por suposto”.
    Despois de pasar varias veces da primeira á segunda páxina do currículo, o home preguntoume si como dependenta só tiña experiencia nunha tenda . A miña resposta foi que si, pero que nesa tenda eu estaba soa e ó cargo de todo. Respondín en galego, e cando calei, porque non parecía ter interlocutor, o home dixo, palabras textuais:
    “Como veo que no sabes hablar español, no me interesa. Gracias”
    Nun principio fiquei calada, pensando que se trataba dunha broma de mal gusto, pero ó ver que o home non se inmutaba e me devolvía o currículo, dixen en ton sarcástico, agardando rectificación:
    “Son bilingüe”.
    El respondeu de novo o mesmo, ante o cal comezou a disputa, aínda que non se lle pode chamar tal, porque o home non se alterou o máis mínimo, o único que fixo foi repetirme varias veces:
    “No habla español, no me interesa. Gracias.”
    Como si se tratase do lema do seu establecemento.
    Eu marchei, e fixen o que considerei oportuno, denunciar ante A Mesa de Normalización Lingüística, ante o Defensor do Pobo, enviar o escrito a distintos medios de comunicación e presentar unha queixa no Centro Comercial de Área Central.
    Todos e cada un deles fixeron posible que hoxe este feito se saiba, aínda que teño que recoñecer que non pensei que acadara tanta difusión.
    Paréceme incrible que alguén poida supoñer que a estas alturas da historia, exista algún galegofalante que descoñeza o español, cando segue a ser a lingua dominante.
    Por desgraza, este feito non ten só un nome e apelidos, acontece a diario. O importante é que non o deixemos pasar, que denunciemos.
    Grazas a todas as persoas que, dun xeito ou de outro, apoiaron esta denuncia.
    Un saúdo.
    Eleazar López García.

  • By odemo, Xullo 23, 2009 @ 8:59 p.m.

    Eleazar conta com todo o meu apoio. O pouco que puidem fazer foi publicar isto no meu blogue e comunicar o sucedido aos meus achegados para que o tenham em conta à hora de comprarem em Base.
    Um saúdo. Estamos todos nas mesmas 😉

Other Links to this Post