Nom tenho forças para ler “Os libros arden mal”

Já sei que confesar isto baixa muitos pontos de supegalego, tantos como meter-se coas duas novas vacas sagradas e emulos de Michael Scolfield e nom ser um amargado salvapatrias, pero é verdade: Nom tenho forças nem ganas para ler o última do pope Rivas, recomendaro-mo muito, a minha moça mira-me mal, pola rua percevo miradas de odio…

A razom principal e nom ter tempo nos últimos meses, e estar enganchado, confeso também, a isto. Pero a frase do título nom é por mim, é pola minha avó Fina: Elanom é quem de ler mais de dez páginas seguidas, e a culpa é dos editores que nom pensam em que estes livros tenhem leitores entre a terceira ideade e que essa massa de literatura é mui dificil de levantar com umha musculatura em retrocesso. A minha avó afirma que é mui dificil ler um libro com esse tamanho e forma e que fai muita força sobre os pulsos, e que nom tem as articulaçons para isso. Em consequência: Senhores editores, pensem um pouquinho mais nos maiores!

  • By Snob, Febreiro 27, 2007 @ 1:28 a.m.

    Ainz, que bonito sería que volvesen os folletíns! E gratuítos, como agora os periódicos (os que non, veñen de agasallo cun DVD ou fascículo de enciclopedia do revisionismo). Ata eu sairía á rúa unha vez por semana recoller a entrega d’Os Libros Arden Mal, ata eu leería semellante tocho se mo desen regalado e en pequenas doses! E iso que, como bo membro da miña xeración, son superpartidario do conto… as novelas danme pereza mil, agás as que están divididas en capítulos curtiños, que como dicía (creo) Lois Griffin, lle fan sentir a un máis intelixente.

  • By Fer, Febreiro 27, 2007 @ 12:15 p.m.

    Mira “Le comte de Monte Cristo” ou “Les Trois Mousquetaires”… mais gordos do que nunca poderia sonhar RIvas…

Other Links to this Post