Padeço dos nervos…

Ter um colapso nervoso no meio da rua e perder o conhecimento – e nom romper a cabeça, outra vez, de milagre- nom entrava na minha planificaçom deste mês. Tampouco entrar no serviço de emergências do Hospital Universitário, aguardar duas horas sem atençom, ponher duas reclamaçons, pedir a alta voluntária a tremer  coma um vímbio e ir até o PAC do Hospital polo meu próprio pé. Ser atendido por uns bons profissionais e rematar drogadinho numha cama até a chegada dos meus pais. Tampouco peorcupar a minha moça a milheiros de kilómetros e ter cita já co psicólogo.

Mas as cousas nom saem sempre como as planificas, nom? Agora tranquilizantes, tílias, deixar de lado um pouquinho a carreira (umhas semaninhas) e tentar superar este problema. Sorte que tenho boa gente do meu lado.

P.S.: Nom sei quem foi a rapaza que me ajudou quando tivem o desfalecimento, nom perguntei o nome e rejeite a sua oferta para me levar até o hospital (teimas que tem um de nom molestar), mas se topo com ela de seguro que lho agradecirei.

  • By Modesto, Xuño 25, 2008 @ 7:05 p.m.

    Póñase ben vostede. 🙂

  • By Shea, Xuño 25, 2008 @ 7:33 p.m.

    esto si que cadra en: “vida e milagres” :s Coidate moito homiño!!

  • By mourullo, Xuño 25, 2008 @ 7:50 p.m.

    Que vaia ben 🙂

  • By ascárida, Xuño 25, 2008 @ 7:55 p.m.

    As forzas do mal estamos con vostede, para o que precise.

  • By encompostela, Xuño 25, 2008 @ 8:50 p.m.

    desde México, un achuchón e para o que necesite.

  • By Ara, Xuño 25, 2008 @ 9:03 p.m.

    Moitos bicos curativos dende a Voz!!

    Iso pásalle por coller unha carreira de números home 😉

  • By Dietrichv, Xuño 26, 2008 @ 10:30 a.m.

    Estamos case como sempre, eh?? E pensar que nós te conhecimos assi… A verdade é que já se me fazia raro que nom estiveras no hospital 😛 .
    Agora a serio, melhora-te e vemm jogar alguma partidinha, matar galeses sempre desestresa!.

  • By oko, Xuño 26, 2008 @ 11:32 a.m.

    homiño!!!! cóidate moito e descansa máis aínda!!!!!
    un millón de bicos dende o país dos vascos pra que te recuperes!!!

  • By Odemo, Xuño 26, 2008 @ 1:51 p.m.

    Obrigo pola peorcupaçom de todos!

  • By Uz, Xuño 26, 2008 @ 2:50 p.m.

    Isso passa-che por fumar o que cozedes nos tubos de ensaio! (Ai, que tu és de Física… :p)

  • By ghanito, Xuño 27, 2008 @ 6:39 p.m.

    Agora se entende todo. Sempre sospeitei que estabas mal da cabeza. 😉

    Coidate moito e non vexas o futebol, que igual te fai mal 🙂

Other Links to this Post