Posts tagged: ódio

Resposta de “Aguas de Mondariz”: Perdem-se polo caminho

Há uns minutos o serviço de A.C. de “Aguas de Mondariz” enviou a seguinte resposta do meu correio anterior. Copio e colo:

Estimado Señor:

Póñome en contacto con vostede en relación co correo electrónico que nos envía, e no que se fai eco do rumor estendido a través de internet acerca da oposición de Augas de Mondariz á difusión da lingua e cultura galegas.

Descoñecemos a orixe desta noticia, que desmenten as iniciativas que desde Mondariz se levaron a cabo pola Cultura e Lingua Galegas nos últimos anos:

No campo da literatura, merecen especial mención a coedición con Ed. Xerais de NA NOITE ESTRELECIDA, escrito por Ramón Cabanillas en Mondariz, ou a colaboración na publicación da histórica cabeceira La Temporada “La Temporada” -dirixida no seu momento polo poeta- en colaboración coa Fundación Mondariz Balneario, xunto coa que se teñen patrocinado Exposicións de Pintores Galegos (X.M. Barreiro, M. Aramburu ou X. Pousa), ou a recuperación de esculturas de indubidable valor de escritoras galegas como Rosalía de Castro, E. Pardo Bazán ou Concepción Arenal.

Tamén destacable é o esforzo actual por documentar a presenza e actividade de personalidades históricos en Mondariz. Nunha primeira etapa, motivadas pola relación da familia Peinador con A. R. Castelao, Valle Inclán, E. Pardo Bazán, W. Fernández Flórez, Rei Soto, M. Murguía, ou a propia Real Academia Galega… . Posteriormente, cando Mondariz recuperou o seu esplendor, con C. Casares, Torrente Ballester, ou Fco. Fernández del Riego.

Augas de Mondariz foi ademais Membro Fundador da Fundación Galicia Emigración nos seus esforzos por achegar lazos coa “outra Galicia”, e de forma continuada colabora con decenas e decenas de asociacións e entidades culturais de toda Galicia, ademais de exercer o mecenado nos concellos da súa contorna inmediata: Mondariz, Mondariz Balneario e Ponteareas.

As tecnoloxías da información e comunicacións avanzaron moito nos últimos anos, pero o esforzo de lograr un diálogo fluído en internet require un soporte demasiado grande para dar cobertura a consumidores -afortunadamente- dos cinco continentes. Por iso a decisión de Augas de Mondariz de empregar na súa web os idiomas Inglés e español.

Por todo iso pensamos que non pode argumentarse que Augas de Mondariz estea contra a cultura galega, salvo que esta afirmación sexa promovida por intereses alleos á cultura.

AUGAS DE MONDARIZ

P.D.- Se vostede ten interese, temos algúns exemplares de “NA NOITE ESTRELECIDA”, e catálogos das exposicións de Xaxier Pousa, X.Mª Barreiro ou Manuel Aramburu no noso arquivo que poñemos á súa disposición até esgotar existencias, se nos facilita unha dirección física á que enviarllo.

ESTA é A UNICA NOTA OFICIAL DE AUGAS DE MONDARIZ, POLO QUE AGRADECEREMOSLLE NON PRESTE ATENCIÓN A OUTROS COMUNICADOS”

Após segunda e terceira leitura da resposta nom topo razons para nom seguir co boicote. A razom deste é a assinatura de Mondariz no infame “informe” do Clube Financeiro de Vigo, agravada coas missivas carregadas de ódio publicadas no portal de AGAL. Nesta resposta existe umha mudança nas formas, e até na língua das mesmas, mas nom do fondo. Se tirades a boa educaçom e as escusas -como a sua “colaboraçom coa cultura galega”- toparedes umha mensagem vazia. Ou pior: Repite o tópico original de que por “comodidade” e por projecçom nom emprega a língua do nosso país -esse cuja cultura dim defender- e da lusofonia nas suas comunicaçons. Tampouco dim nada da assinatura do informe do C.F.V. Ainda se a carta original fosse um fake, esta segunda evita falar da sua colaboraçom coa campanha galegófoba, é umha defesa da sua “labor cultural”, um novo alegado de que o coto da língua galega é a “cultura e o museu”, mais nada.

Resumo: Mondariz cuida que umha carta que bem poderia estar redigida nas épocas mais “gloriosas” do “bilingüísmo harmónico” pode rematar co rejeitamento dos galegos da sua política contra a língua do país. Alomenos eu vou seguir convencido de nom mercar mais os seus produtos.

Mondariz contra o galego e Galiza: Correio para Augas de Mondariz

Após ler isto, escrevo e envio isto outro:

Senhores de “Agua de Mondariz”:

Quero expressar-lhes a minha decisom como consumidor de deixar de comprar a sua auga após a sua colaboraçom consciente com umha mais das campanhas de ataque contra a cultura é a única língua galega. Tenham por seguro que também procurarei difundir os complexos e insultos que exprimem entre as minhas amizades e conhecidos, para que procurem evitar o consumo dos seus produtos. Também que promoverei ou suportarei as campanhas que já se organizam para pedir a retirada do distintivo “Galicia Calidade” dos seus produtos.

As razons para esta decisom som de seguro bem conhecidas por vocês: A sua aposta pola campanha anti-galega dos media espanhois. Se bem som muitas as empresas implicadas no nefando documendo de intoxicaçom criado polo “Foro Financiero de Vigo” as suas respostas aos pedidos de rectificaçom da sua actitude demonstrarom que o seu departamento de atençom ao público tem uns preconceito paleolíticos contra a língua da Galiza (E de Portugal, e de Brasil, e dos PALOP….) e que a sua empresa como ente está conscientemente ligada com as possiçons mais antigalegas do rancismo espanhol.

Nom aguardo nem rectificaçom nem resposta.

Fernando Chouzinho, um ex-cliente.

O correio de mondariz é: info@aguasdemondariz.com